A presentación tivo lugar pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa no Rexistro Xeral de San Caetano dirixidas ao Presidente da Xunta e no Parlamento de Galiza aos grupos parlamentares.

En tan só 5 días, a iniciativa da Xunta de Persoal de Servizos Centrais logrou acadar un elevado número de sinaturas que representan a práctica totalidade do persoal traballador dos Servizos Centrais da Xunta (se desbotamos principalmente LD´s, que algún tamén asinou, así e a todo). Se trasladamos esta maioría a un sistema proporciona tipo lei D´hondt é bastante máis aplastante que a maioría do PP no parlamento galego.

O que se solicita é o adianto da paga extra para xaneiro, como medida compensatoria, mentres non se solucione na vía xudicial ou se produza a eventual e prevista recuperación comprometida polo Goberno

Por outra banda, xunto coa reclamación da paga extra, presentouse outro elevado número de sinaturas relativo a cuestións laborais que non teñen un impacto económico e que a Xunta non ten ningunha excusa para non sentarse a negocialas, como poden ser: a flexibilidade horaria, o desbloqueo do regulamento de permisos, vacacións e licenzas, a promoción interna, os concursos de traslados anuais e a recuperación dos días de asuntos persoais eliminados e días a maiores de vacacións.

A pelota está no tellado da Xunta, depende da súa vontade política que se dea saída a estas reivindicacións. Miles de traballadoras e traballadores públicos así llo estamos a demandar.

A representacións das traballadoras e traballadores públicos agardan unha reposta positiva pero aseguran que "non van ficar nin calados nin quedos"; de momento xa teñen anunciadas concentracións para os días 13 e 20 de decembro.