Por ser festivo este xoves, día no que se veñen facendo os actos e concentracións reivindicativas dos empregados públicos, nas cidades de Pontevedra e Vigo organizáronse o mércores 5 distintos actos de carácter reivindicativo e solidario.

En Pontevedra houbo unha “Concentración con café” de 300 compañeiros no hall do Edificio Administrativo xunto cunha recollida de alimentos destinada a persoas con poucos recursos acordada na asemblea de empregados públicos. Recolléronse ao redor de dúas toneladas de alimentos. Entre outros: 300 paquetes de leite ou 155 botellas de aceite. A Xunta tentou boicotear o carácter reivindicativo deste acto ordenando retirar as referencias ao recorte da paga extra e ao noso compromiso solidario a pesares de sufrir os recortes.

En Vigo recolléronse uns 700 kilos de alimentos en media hora que foron entregados á ONG Vida Digna, quenes atenden a unhas 1700 persoas e un comedor cuns 500 usuarios.

Con este xesto solidario os/as empregados/as públicos/as queremos poñer de manifesto que a pesares dos recortes que nós afectan imos ter implicación con aqueles sectores da sociedade máis desfavorecidos e denunciar a gran mentira do goberno de Feijoo que liga os recortes aos empregados públicos co mantemento dos Servizos Públicos básicos.

Ante o panorama, plantexamos unha campaña de actos solidarios e reivindicativos cos que ademáis de poñer de manifesto o noso rexeitamento aos recortes que estamos a sofrir, mostramos a nosa solidaridade co resto dos traballadores e cidadáns que se atopan nas peores circunstancias. Porque a pesar de que nos recorten o salarios e as condicións laborais, o que non nos van recortar e a nosa capacidade de compromiso en defensa duns Servizos Públicos de calidade e dunha sociedade máis xusta.

POLA DIGNIDADE DOS EMPREGADOS PÚBLICOS. NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA.