Novas por contido
  • A lei que a suprimía permite recuperala no 2013.
  • Esiximos que nos Orzamentos Xerais do 2013 se reflictan as retribucións completas dos empregados públicos referidas a 14 pagas máis o importe integro da paga extraordinaria do nadal de 2012.
  • Non se trataría dun adianto da paga extra de xuño de 2013.


Lei 9/2012 do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público. que traspón as medidas do RD-l 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competividade, suprimía a paga extraordinaria dos empregados públicos da Xunta de Galiza, pero no seu artigo 1.2.e) dispoñia o seguinte:


As cantidades derivadas da supresión da paga extraordinaria e das pagas adicionais do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes de acordo co disposto neste artigo serán obxecto de recuperación en exercicios futuros, con suxeición ao establecido na Lei orgánica 2/2012, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nos termos e co alcance que se determine nas correspondentes leis de orzamentos.

Onte mesmo, a Conselleira de Facenda ven de declarar que o goberno de Feijoo alcanzará os obxectivos de estabilidade orzamentaria non superando o límite do déficit fixado no 1,5% do PIB, declaracións que coinciden coa declaración institucional na páxina da Xunta segundo a cal "Galiza  converteuse na comunidade de referencia no cumprimento da estabilidade orzamentaria". O mesmo argumento manteñen no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Segundo o goberno de Feijoo se están a cumprir as condicións que a Lei 9/2012 que suprimía a paga extraordinaria, esixía para poder recuperala en exercicios futuros. A cuestión queda agora en mans do goberno do Partido Popular que non se pode amparar en ningún impedimento legal xa que a decisión vai ser única e exclusivamente unha cuestión de vontade política.

Dende a CIG-Autonómica esixímos ao goberno que declare publicamente a intención de restaurar o detraído aos empregados públicos nos Orzamentos Xerais do 2013.

Esta mesma semana entregáronse 3500 sinaturas nos Servizos Centrais contra o recorte, organizáronse actos reivindicativos en varias cidades, recolléronse máis de 2 toneladas de alimentos nas concentracións solidarias en Pontevedra e Vigo contra os recortes. Mentres o goberno sega sen dar mostras da súa vontade de facelo, os empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza seguirémonos mobilizando ata conseguilo.


Nota de prensa enviada aos medios

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...