RESUMO DO XUIZO POLO CONFLICTO COLECTIVO PRESENTADO POLA UGT SOBOR DO COMPLEMENTO SALARIAL DE NOCTURNIDADE PARA O PERSOAL DO SPDCIF.

O pasado día 2 de Xullo, celebrouse a vista do xuizo polo conflicto colectivo presentado pola UGT en relación ao complemento de nocturnidade para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza. As intervencións foron as seguintes:

XUNTA: Non cabe presentación de conflicto clectivo por non afectar á totalidade do persoal do SPDCIF. Unha parte do persoal non traballa de noite, tales como as brigadas helitransportadas ou os operadores – codificadores. Continúa dicindo que o persoal non ten dereito a cobrar nocturnidade xa que non está reflectido na RPT, rematando a súa intervención considerando que xa se lles paga a nocturnidade porque cobran o complemento de especial dedicación e o plus de funcións, asi mesmo que o tribunal non é competente para xulgar esta cuestión.

CCOO: Posiciónase en contra do conflicto. Entenden que a vía é a de reclamacións individuais.

CSIF: Ao principio nin a favor nin en contra. Despois de escoitar ao letrado da Xunta, comentan da existencia de sentenzas a favor do traballador onde lle recoñecen o complemento salarial. Que os traballadores teñen todo o dereito a presentar reclamacións e que o tribunal é competente para levar o caso, solicitando a estimación da demanda.

CIG: Adhírese plenamente á demanda. Esta é a única instancia competente para darlle saída a unha problemática que afecta a moitos traballadores e, que o propio traballador ten o dereito de reclamar o complemento salarial que considere oportuno aínda que non esté reflexado na RPT.

Nunha intervención final, o letrado da Xunta de Galiza adhírese ao argumento de CCOO.

Visto o acontecido no xuizo, o letrado da Xunta dí que cobran nocturnidade os traballadores do SPDCIF. A partires da publicación do  V convenio no DOG non. Por outra banda, CCOO. ¿Este sindicato non é o que defende ao conxunto dos traballadores do SPDCIF? ¿por qué se posicionan en contra do conflicto colectivo e ven máis viábel as reclamacións previas?. Intereses de CCOO, manter ao seu grupo de afiliados a costa dos intereses dos traballadores como colectivo e, facer caixa con aqueles outros que pretendan reclamar. E continúan autoproclamándose defensores do colectivo do SPDCIF. Comenzou a descubrirse as verdadeiras intencións de CCOO de cara aos traballadores.