Cando todo o mundo ten xa máis ou menos gastados ou organizada a distribución dos días, a Dirección Xeral de Función Pública ven de enviar unha comunicación onde informa da posibilidade de coller os días de asuntos persoais e as vacacións correspondentes ao ano 2012 a aquelas persoas que ainda non disfrutaran delas ata o 31 de marzo de 2013.

A que se debe esta xenerósidade repentina da Administración?. Pois eles mesmos nolo contan: "...o actual incremento das cargas de traballo propiciada polos cambios normativos producidos e derivadas tamén das novas estruturas orgánicas da Xunta de Galiza, e co obxecto de que ningunha unidade se quede sen os efectivos..."

Incremento das cargas de traballo: a amortización nestes últimos anos de centos de prazas, a non cobertura de vacantes, derivadas dos cambios normativos a través das leis de Orzamentos, da lei de medidas etc, das modificacións en RPT, fan que moitas unidades administrativas estean actualmente baixo mínimos polo que non queda outra que graciosamente ampliar o prazo do desfrute dos días para que nesta datas non se produza overbooking de permisos. As cargas de traballo son as mesmas de todos os anos, o que cambia é que cada vez son asumidos os mesmos traballos por menos compañeiros/as.


Descargar