O Comité de Traballo e Benestar da Coruña vén de denunciar ante a Inspección de Traballo, a decisión "unilateral, prepotente e arbitraria" pola que a Consellería de Traballo e Benestar pretende impoñer os novos modelos de carteleiras para o ano 2013.

A Consellaría elaborou unhas instrucións que nunca chegou a negociar coa representación legal dos traballadores e que lle pasou ás Direccións dos centros para a súa aplicación inmediata.

A súa denuncia basease no incumprimento do artigo 16º do V Convenio do Persoal Laboral que recolle o dereito dos representantes do persoal a participar no estudo e proposta das condicións de traballo. Así mesmo, no artigo 18.6 do Convenio se recolle específicamente que “Naqueles centros de traballo que teñan quendas, negociarase o cadro destas coa representación do persoal co fin de que as rotacións sexan equilibradas entre o persoal”.

O Comité de Empresa denuncia que estes dous artigos son incumplidos con premeditación e alevosia pola consellería de Traballo e Benestar, responsable de cumplir e facer cumplir a legislación vixente, xa que ao día da data non se recibiu no Comité de Empresa nengunha comunicación para negociar as carteleiras correspondentes ao ano 2013.

Estes feitos foron postos en coñecemento da Inspección de Traballo para os efectos legais, solicitando a súa intervención co fin de demandar da Consellería de Traballo e Benestar e dos organos que correspondan a negociación das quendas de traballo do persoal laboral da Coruña, en tempo e forma, tal é como é preceptivo.

O Comité de Empresa presentou copia do documento da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar onde, por un lado, se dan instruccións ás Direccións dos Centros para a “inmediata elaboración e traslado de novos modelos de carteleiras” e, polo outro, se afirma que se están a levar a cabo negociacións coas organizacións sindicais por parte da Dirección Xeral de Función Pública. O Comité denuncia que iste feito non é real, tendo ademais en conta que os organos de representación para esta negociación son os comites de empresa e non poden ser suplantados nas funcións que lle corresponden legalmente.