Novas por contido
OFERTA DE EMPREGO PARA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS DE PERSOAL LABORAL NO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF) DE LUGO.

Postos a cubrir:
 Técnico superior DCIF (I – 038): 2 prazas no SPDCIF.
 Conductor motobomba (IV – 033): VI(2); VII (1); VIII (8); IX (1); X (6).

Documentación a presentar:
 Solicitude.
 Fotocopia cotexada do DNI.
 Fotocopia cotexada da titulación. Técnico superior (enxeñeiro de montes); Conductor motobomba (graduado escolar ou equivalente).
 Carné de conducir. Técnico superior (B) e conductor motobomba (C).

Méritos:
 Servizos prestados na mesma categoria na Xunta de Galiza, noutras AAPP ou empresas privadas.
 Cursos directamente relacionados coas funcións propias da categoria.
 Coñecemento do idioma galego.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes:
Ata o día 9 de Xullo de 2009, nos distintos distritos forestais ou na sección de persoal do Departamento Territorial.

Os aspirantes ás categoria de Técnico Superior e Conductor/a motobomba a proba a realizar consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para os homes e de 33 cm para as mulleres, durante un período de 5 minutos.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...