O mércores, 19 de decembro, representantes do Comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña plantaronse na Xefatura Territorial para demandar a negociación das carteleiras de 2013. O Presidente do comité, Xosé Manue López Viqueira, calificou a situación de "burla total aos dereitos do persoal laboral".

Xunto co presidente do comité, presentaronse na xefatura territorial tamén delegadas e delegados (7 da CIG, 2 de CCOOe 2 de UGT). Os representantes dos traballadores prescindiron de formalismos e protocolos, mesmo declinaron sentarse, para resaltar o grandisimo malestar dos traballadores e traballadoras que a piques de rematar o ano aínda non teñen as quendas do ano 2013, descoñecen cal vai ser a compensación por traballar domingos e festivos e soportan a ineficacia e ineficiencia das Direccións dos centros.

Os representantes do comité de empresa esixironlle ao xefe territorial que negocie co comité de empresa e lle transmita todas as circulares que a Administración envía ás Direccións que de forma unilateral, arbitraria e oscurantista pretenden impoñer unhas quendas de traballo abusivas e mesmo lesivas para a calidade dos servizos prestados e da saúde do persoal.

O Comité de empresa vai empezar unha xeira de asembleias polos centros afectados pola non negocición das quendas de traballo para o 2013 para facer un chamamento a todo o persoal laboral a mobilizarse polos seus dereitos e contra a prepotencia de Cristina Ortiz, secretaria xeral de Traballo e Benestar e máxima responsable desta politica de imposición e non negociación.