As organizacións sindicais estamos convocadas a unha sesión extraordinaria da Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos o venres 21 de decembro ás 13:45 horas na EGAP (Compostela), para tratar o Capítulo I (gastos de persoal) dos orzamentos de Galiza. Convidamos a todos e todas a acudir á EGAP, ás 13:30 horas.

O luns 17, o Director Xeral da Función Pública negou o ruxe-ruxe de que pretendían descontar un 50% do complemento específico das nóminas, pero o xoves 20, preguntado pola información publicada por varios medios de comunicación segundo a que nos ían retirar un 7% nas retribucións, o Director Xeral deu a calada por resposta. Xa que logo, nestes intres non sabemos cales son as súas intencións, pero non nos gusta nada o que observamos.

Non nos vamos quedar de brazas cruzados a velas vir, así que che convidamos a que veñas á EGAP, o venres 21, ás 13:30 horas.

A información que teñamos da Mesa Xeral publicarémola no noso web, en http://autonomica.cigadmon.gal