Dende a CIG-Autonómica queremos denunciar a política goebbeliana do Partido Popular consistente en repetir milleiros de veces o mantra da falsa austeridade.

A verdade é a suposta autoridade soamente se aplica nos servizos públicos. Deste turno tocoulle aos servizos sociais servir de exemplo do doble raseiro de Feijoo.

Nun novo desprezo por parte de Xunta de Galiza se procede a desmontar un chismo máis a rede de servizos sociais e concede 14 millóns de euros a unha empresa privada mentres que a residencia pública do Carballiño que leva anos rematadas segue pechada.

Lembramos que no Carballiño fixéronse obras de mellora e ampliación por un montante de 6,5 millóns de euros e que ampliaría en 80 os dependentes que serían atendidos nunha comarca con importante envellentamento.

Por todo isto dende a CIG-Autonómica convocamos unha rolda de prensa que tivo lugar o pasado 20 de decembro en Ourense para poñer en coñecemento da opinión pública o que está a acontecer: que para o pobo hai recortes mentres que para as empresas afíns hai cartos que obteñen previamente coa tixeira que aplican aos servizos públicos.


Dende a CIG reclamamos que a residencia pública do Carballiño entre en funcionamento de inmediato e mantendo o carácter público do centro.