Novas por contido

Roubannos o complemento específico das dúas pagas extras e aplican unha medida similar ao persoal laboral.

O venres 21 de decembro, nunha tensa reunión da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, da que finalmente fomos desaloxados pola policía por esixir a presencia de Feijoo para explicarnos os recortes, os directores xerais de Función Pública e de Orzamentos expuseron a decisión do PP de roubarnos o complemento específico das pagas extras do 2013 para o persoal funcionario e cantidade equivalente para o persoal laboral.

Eles estiman que no 2013 haberá unha reducción de ao redor do 6,5% da masa salarial do Capítulo I (gastos de persoal) con respecto ao 2012, do cal un 4% se debe ao recorte na extraordinaria e un 2,5% ao aforro que se producirá pola aplicación da lei de medidas.

Explicaron que se plantexaron esta reducción por dúas vías de aforro, ou ben reducindo o Capítulo de persoal en número de efectivos ou ben en retribucións, optando por esto último. Isto vailles supoñer un aforro de 125 millóns de euros.

Como curiosidade, as porcentaxes reducidas son inversamente proporcionais ao nivel mínimo de cada grupo, pois vai dende o 3,51% do grupo A1 ao 4,89% do grupo E (cálculos válidos so para os niveis mínimos de cada grupo).

A seguinte táboa contén os calculos da CIG de importes de reducción por niveis e grupos.

Persoal Funcionario:

Porcentaxe de reducción respecto ao 2012

Importe anual
de recorte (2 C.E.)

Nivel
A1
A2
C1
C2
E
30
5,97%




3.129,40 €
28A
5,26%
5,57%



2.378,24 €
28B
4,97%
5,27%



2.173,32 €
26
4,87%
5,19&



1.961,00 €
25
4,65%
4,98%
5,53%


1.752,36 €
24
4,41%
4,73%
5,29%


1.585,40 €
22
3,94%
4,26%
4,82%


1.293,30 €
20
3,51%
3,82%
4,37%
4,74%

1.056,16 €
18

3,64%
4,20%
4,58%

959,46 €
16

3,65%
4,24%
4,64%

930,98 €
14


4,23%
4,65%
4,83%
889,20 €
12



4,66%
4,86%
847,50 €
10




4,89%
805,76 €


Persoal Laboral:

Recorte sobre salario e C.de funcións
Importe anual do recorte 4%
I
1.206,32 €
II
1.019,96 €
III (Categorías 1-59)
879,46 €
III (60 en adiante)841,29 €
IV
728,11 €
V
660,67 €


alt


Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...