Ao igual que veñen facendo con cada mobilización cidadán, o Partido Popular blindou con antidisturbios a EGAP, onde se celebraba a reunión da Mesa Xeral de Negociacion. Unha mesa de negociación desaloxada pola policía, ao negarse os nosos compañeiros a dar por rematada a xuntanza ata que Feijoo comparecese a explicarlles os recortes, pois uns directores xerais de Función Pública e de Orzamentos non son quen de dar contas dunha decisión claramente política como foi esta.

Fóra, centos de compañeiros/as manifestáronse contra o recorte, intentando entrar a apoiar aos compañeiros que estaban dentro sendo impedido isto pola policia. Mentras se golpeou nas cristaleiras para poder entrar foi inmobilizado no chan un compañeiro. Bloquearon tamén o acceso aos medios para que non se puidese ver o que dentro acontecía. Finalmente, os directores xerais tiveron que sair pola porta de atrás escoltados pola policia.

Os ánimos estiveron moi caldeados e isto é só unha pequena mostra do clima de confrontación social que o Partido Popular está a crear dentro da Administración. A paciencia dos empregados/as públicos/as galegos/as xa se esgotou.