Novas por contido

Oferta de emprego para contratacións temporais de persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) de Ourense (OEP 01/07/09).

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluidos ao proceso selectivo en data 10 de Xullo. Estas listaxes están expostas no tablón de anuncios do departamento territorial da Conselleria do Medio Rural de Ourense, así como nas oficinas dos Distritos Forestais desta provincia.

Aqueles aspirantes que se atopen excluidos, terán ata o Luns 13 de Xullo de 2009, ás 14:00 horas, para subsanar o erro que motivou tal exclusión.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...