Novas por contido

O mércores, 16 de xaneiro, houbo unha xuntanza coas persoas responsables da Consellaría de Economía e Industria e do IGAPE para retomar o proceso de conversión deste ente nunha axencia. Este proceso comezou hai ano e medio pero estivo paralizado, segundo a Administración, por mór do decreto de integración e as recentes elección autonómicas.

Os aspectos máis importantes que se poden destacar son:

Pretenden que neste primeiro trimestre de 2013 estea funcionando a Axencia.

 

A axencia terá a capacidade de crear entes públicos, estamos radicalmente en contra, entendemos que é incongruente coa teórica pretensión de eliminar Administración Paralela.

 

Existe aínda a día de hoxe certo escurantismo coa RPT, a CIG solicitouna en setembro de 2011 e non foi facilitada, non entanto este documento si estaba en disposición doutras centrais sindicais, entendemos que é inaceptable esta circunstancia.

Esiximos a creación dunha comisión de control para evitar que o persoal de asistencias técnicas acabe sendo persoal indefinido da Xunta, tal e como facemos en todas axencias, temos constancia de que hai casos no IGAPE e queremos que se establezan responsabilidades administrativas ou penais se as houbera de quen favorece estes casos.

Manifestámonos rotundamente en contra dun complemento de produtividade só para este persoal, ten que ser negociado e homoxeneizado para todo o persoal da Xunta antes de metelo en calquera Axencia.

Hai máis aspectos que non nos gustan, pero que proveñen da LOFAXGA e do Decreto de Integración (a CIG foi o único sindicato que non apoiou esta normativa) e non hai máis remedio que pasar polo aro, pero seguimos estando en contra. Como por exemplo as condicións de integración, onde se vai dar o caso de que haxa persoal que se integre como persoal laboral da Xunta e estea 6 anos cobrando por riba do que marque o Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta.

O máis probable é que cando se resolva o proceso de integración (posterior á creación da Axencia) haberá finalmente dous tipos de persoal: perosal laboral da Xunta e persoal propio que non se puido ou que non quererá integrarse (porque estimará que as súas condicións actuais son mellores cas do V Convenio do Persoal Laboral da Xunta), tamén falan de persoal funcionario, pero non aclaran como pretende dotar deste tipo de persoal a esta axencia, veremos...

O IGAPE ten o Servizo de Prevención externalizado e paga orredor de 50.000 € anuais, entedemos que este gasto é prescindible, existindo xa un Servizo de Prevención na propia Xunta. Se se integran que o fagan con todos os efectos.

Por último, indicar que se van eliminar 10 das 133 prazas que ten este ente, por medio dos orzamentos deste ano. A proporción de persoal nomeado a dedo é do 37% (45 de 123), esta Axencia recorda á típica imaxe do obreiro traballando e un montón de xefes mirando.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...