Apoia coa túa sinatura a seguinte emenda que lle propuxemos aos grupos parlamentares en relación ao capítulo de gastos de persoal do Proxecto de Lei de Orzamentos 2013.

ASINA a través da plataforma change.org

A emenda pon de relevo que a Xunta de Galicia está a utilizar os recortes salariais ás traballadoras e traballadores públicos como tributos asimétricos e regresivos que recadan só dunha parte específica da poboación. Por outra banda, a emenda prevée un mecanismo de control para que no caso de producirse un novo recorte salarial con carácter básico por parte da Administración Xeral de Estado, as traballadoras e traballadores públicos da Xunta non nos vexamos recortad@s dúas veces.

Non deixes que nos espolien dobremente! Colabora e asina! Cada vez que unha persoa asina, se lle manda un correo electrónico aos grupos parlamentares pedindo que valoren e admitan a trámite a dita emenda. Temos ata o venres, 25 de marzo.

Cantas máis persoas asinemos máis conseguiremos chamar a atención, pásallo aos teus familiares, amig@s e coñecid@s, sexan ou non empregadas e empregados públicos. Marcámonos como obxectivo as 15.000 sinaturas que son as que se precisan para unha Iniciativa Lexislativa Popular. Xunt@s é posíbel!