O Partido Popular pretende que o persoal laboral da Xunta de Galiza cobre os domingos tres veces menos do que paga no Sergas. No caso dos festivos a diferenza chega a ser de seis veces menos.

O día 22 de xaneiro, tivo lugar unha xuntanza entre as OO.SS e a Dirección Xeral da Función Pública e a Consellería de Traballo, para tratar as condicións de traballo do persoal da Área de Benestar.

En primeiro lugar o Director de Función Pública manifesta que a Xuntanza é para saber a nosa opinión sobre a proposta que fixeron sobre condicións de traballo

A CIG-Autonómica manifestou o seguinte:

  • Sobre a proposta económica para compensar domingos e festivos, nos parece un insulto, máxime cando están a falar de igualarnos ao SERGAS e propoñen para o Grupo V 15€ por domingo ou festivo, cando o SERGAS paga 45,50€ e si é un festivo de Nadal, 91€.
  • Que o órgano competente para negociar é o comité intercentros.
  • Que considera que o Goberno do Partido Popular está actuando de mala fé, cando se inclúe unha disposición na Lei de Orzamentos que elimina o descanso semanal e agora se nos convoca a esta xuntanza.
  • Que se reafirma nas alegacións feitas no seu momento, e que consisten basicamente e volver a aplicar o artigo 19 do convenio na súa totalidade.

Función Pública Comprométese a ter unha nova xuntanza o xoves ou o venres, onde nos dará por escrito unha nova proposta, que en termos xerais incluirá o seguinte:

  • Descansos excepcionais de 48h + 10h e noutros casos de 48h + 7h, con unha compensación por os mesmos
  • Os días 24 e 31 recollidos como festivos.
  • Xornadas de 7 días seguidos como máximo e 3 noites.
  • Manteñen o diñeiro ofertado nas compensacións dos domingos e festivos 

A CIG-Autonómica manifesta que como mostra que realmente queren negociar, teñen que retirar a disposición adicional décimo sétima da Lei de Orzamentos, xa que si a súa intención é que haxa dous días de descanso seguidos, eso xa o contempla o Convenio, polo que non hai que cambiar nada.

Manifestamos que traballando 7 días seguidos nos se pode conciliar a vida laboral e familiar, polo que se debe descansar os dous días na semana.

Pedimos que se compensen os domingos e festivos tal e como se recolle no V Convenio.

Cabe salientar que o representante de CC.OO. manifestou que nunca tivo tanto descanso como cando traballaba a quendas e que lle parecía lóxico que se traballen 7 días seguidos, é dicir, que con estes amigos non necesitamos inimigos. 

A CIG, evidentemente, non comparte esa opinión.