Novas por contido

O desencadéante será o acto de elección de destino das 18 persoas que superaron o proceso selectivo de acceso ao Corpo superior de administración da Xunta, subgrupo A1, da Oferta de Emprego Público de 2009.

Función Pública vén de publicar a listaxe con 40 prazas que pensa ofertar para o acto de elección de destino que terá lugar o 29 de xaneiro. Todas e cada unha das 40 prazas están ocupadas por persoal interino. Porén, pode estar deixando no caixón ata 49 prazas vacantes cuxo destino será a amortización ao non ofertarse.

Dicimos ata 49 prazas pois os datos que temos non foron facilitados por Función Pública, que mantén unha opacidade total sobre o detalle das prazas que non oferta, senón que foron extraídos das respectivas Leis de Orzamentos de 2012 e 2013. Son un total de 49 prazas do subgrupo A1 nivel base as que se amortizan do 2012 ao 2013; é este nivel o que se soe ofertar nas eleccións de destino. Porén, estas prazas son do subgrupo A1 e dentro deste subgrupo existen varios corpos e escalas, se ben o corpo maioritario é o corpo superior de administración da Xunta.

A CIG, nunha nota remitida a Función Pública, considera necesario incluír todas as prazas vacantes que pasasen por un concurso de traslados porque así o marca o regulamento e porque deste xeito se minimizaría a perda de efectivos.

É certo que o Proxecto de Lei de Orzamentos de 2013 obriga a amortizar as prazas non ocupadas pero tamén é certo que a Lei de Orzamentos de 2013 aínda non está en vigor e ata que entre en vigor existen prazas vacantes que poderían chegar a ser ocupadas polo desenvolvemento de procesos en marcha como o do caso que nos ocupa.

De non ampliarse a oferta destas prazas tamén con prazas non ocupadas, producirase o efecto contrario do que defendía a conselleira de Facenda de que “as prazas que amortizará a Xunta, este ano, non suporán a perda de ningún efectivo, nin o despedimento de ningún interino”.

Cómpre destacar tamén que desas 41 prazas ofertadas só 16 non teñen requisito imprescindible de titulación específica, co que puidera darse o caso de que quedasen aspirantes que cumprindo os requisitos do proceso selectivo non teñan acomodo nas prazas dispoñibles.

Máis persoas aprobadas que prazas dispoñibles.

A CIG denuncia que a Xunta se pasou de freada na intención de amortizar todas as prazas vacantes sen ocupación. De feito, temos constancia que non se fixeron os cálculos de se para as tomas de posesión dos procesos selectivos pendentes sería suficiente coas prazas ocupadas por persoal interino. Esta falta de previsión podería xogarlle unha mala pasada á Xunta no proceso do subgrupo inferior, o A2, onde é máis reducido este persoal. Recordamos que en breve terán que elixir as 15 persoas que superaron o proceso selectivo.

A medio prazo, esta falta de previsión de amortizar máis da conta podería xerar problemas á hora de poder convocar as diferentes prazas que figuran nas ofertas de emprego público pendentes de execución.

Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.