Un xoves máis os empregados/as públicos/as saímos á rúa. E esta vez co Edificio Administrativo de Campolongo coronado por un NON + RECORTES, que lucía esplendoroso poñendo de relevo o noso sentir ante as agresións que estamos a sufrir os/as empregados/as públicos/as, esta vez a través da lei de Orzamentos do 2013 que está en trámite parlamentar. Contamos asimesmo co apoio dos partidos con grupo parlamentar que previamente se manifestaron a prol da defensa dos servizos públicos.

Cabe destacar que unha vez máis os/as traballadores/as de Pontevedra optamos por buscar novas forma de expresar o noso malestar, esta vez buscando tamén a implicación colectiva e a participación activa de todos/as nós. Obra colectiva que fructificou na idea de grandes letras expresando grandes demandas para acompañar a nosa concentración. Compañeiros/as de Medio Ambiente, de Facenda, de Educación, de Estradas, por citar os grupos máis numerosos, achegáronse aos locais sindicais para desenvolver esta idea e poñer en marcha esta acción.

NINGÚN RECORTE SEN RESPOSTA.