O martes 29 de xaneiro tivemos unha xuntanza con Función Pública para discutirmos o concurso de traslados de corpos xerais, tanto o referente ás prazas como ás bases.

Prazas

Inda que a Administración non quería discutir este asunto, exiximos tratalo, e así fixemos. Non aceptamos a masiva amortización de postos que están a preparar, e moito menos sen dar explicacións de ningún tipo. Exiximos coñecer as circunstancias de cada praza, cales son a consecuencia das restriccións da lei de presupostos que o PP está a impulsar, cales puidesen ser por unha reestructuración de efectivos, cales están vacantes puras, cales están ocupadas interinamente, cales din as consellarías que non son necesarias, cales se retiran porque van ter un concurso específico (eso é o conto que nos contan en prazas como as habilitacións, nivel 25), ou que queren modificalas para escalas que aínda non crearon.. Queremos copias das certificacións das consellarías.

En todo caso, quede clara a postura da CIG: rexeitamos o desmantelamento da administración, dos servizos públicos. Estamos convencidos de que a crise lles está a servir de excusa para liquidar os servizos: primeiro forzan o seu mal funcionamento por inanición, despois os venden porque o público non funciona.

A destrucción de postos nos afecta a todos e todas: aos interinos e interinas, o compañeiro ou compañeira que tes a carón túa, porque van á rúa, e aos funcionarios e funcionarias de carreira porque diminúen drásticamente as posibilidades de mobilidade voluntaria e promoción.

Queremos que oferten TODAS as vacantes.

Bases

Estas bases non son moi distintas a outras bases anteriores. Son moitas as alegacións que recibimos, e son moitas as alegacións que asumimos e presentamos. Rexeitamos a imposición que nos queren meter:

  • Modifican algún erro (4.2.1).
  • Queremos que conste expresamente o que di o artigo 29 da LFP respecto do tempo en destino provisional (II.2).
  • Non nos gusta a coletilla "que sexan de necesaria cobertura" respecto dos postos a ofertar na fase de resultas. Con esas palabras van poder retirar das resultas todo posto que lles veña en gana. Solicitamos que a fase de resultas teña unha maior flexibilidade, como poder ligar a localidade co nivel, ou a poder fixar exclusións (como xornadas especiais, etc).
  • Queremos recudir de 36 a 25 os anos para obter o máximo de puntuación por antigüidade, pois canto máis estiren a mesma cantidade de puntos o efecto é reducir o seu peso relativo respecto ao resto de méritos do concurso. Con 36 anos de antigüidade van ser moitos os puntos deste concepto que se van perder. (Nota: recibimos consultas porque non se entende esta explicación. O obxectivo desta proposta que levamos anos facendo sen que sexa asumida por Función Pública é buscar que a antigüidade sexa precisamente o mérito máis importante no concurso. Función Pública non comparte a nosa visión e o que fai é estirar o máximo de puntuación deste concepto todo o posíbel de xeito que, ao non aumentar o máximo de puntos, canto máis estiras os mesmos puntos no tempo, máis puntos quedan sen adxudicar e, por tanto, a antigüidade perde peso).
  • Os feitos pasados de dar destino provisional a uns e definitivo a outros está a producir agora efectos perversos. Xa advertimos no seu día, e agora veñen as consecuencias.
  • Introducen un curso máis de informática: presentacións gráficas. Pero non nos chega. Queremos que engadan máis tipos de cursos, e que valoren por horas, non por tramos.
  • Parécenos excesiva a diferenza de puntuación en función do nivel solicitado e desempeñado.
  • En conciliación hai moitas cousas que corrixir. Por exemplo, cando haxa distinta localidade respecto do cónxuxe ou parella: que se teña en conta ás familias manoparentais respecto do lugar de escolarización dos fillos ou que haxa dependentes a cargo.
  • Non aceptan a equiparación dos tres anos de licenciatura como equivalente a diplomatura (din que so vale para o acceso). Quedaron en verificar as horas ás que equivale un crédito.
  • Non aceptan a revisión da puntuación segundo o grupo de permanencia.

 

Para rematar, dúas cousas:

  • Teñen intención de publicarlo antes do 1 de marzo. 
  • As alegacións escritas vamos presentalas nun par de dias. Inda estamos a recoller alegacións.