O día 30 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza das organizacións sindicais con representantes da Consellería de Medio Rural e do Mar para negociar as novas condicións de quendas no dispositivo de prevención e extinción de incendios. Logo da xustificación de necesidades por parte dos representantes de medio rural, presentan o modelo 4/2 (é decir, taballar catro días e librar dous) alegando que deste xeito todos os traballadores teñen libranzas equitativas.

A idea da consellería é chegar a un  acordo para cumprir a lei de medidas saltándose o V convenio ou o que queda del. No cuadrante presentado non se respectan as libranzas de domingos alternos, non respectan os festivos, impoñen os 22 días de vacacións... En fin traballadores de segunda.

Desde a CIG entendemos que este cádrante non cumpre o V convenio colectivo, as vacacións non poden ser impostas, e deben ser de 30 días laborais. Ademais deben de aparecer nas quendas os libres festivos. Fixémoslles ver que co modelo 4/2 non existe a conciliación da vida familiar e propuxemos como alternativa o modelo 5/2 (dous días libres durante un periodo de sete días) que é máis operativo incluso coas compensaciónhs necesarias para non sobrepasar as 1665 horas; nas que ademais deben computar as vacacións e compensacións (resaltar que non computan no modelo 4/2).

No remate da reunión os representantes da administración indicaron que veñen de boa fé e que pretenden negociar un cadrante para toda a comunidade, continuando as negociacións a vindeira semán.

A maiores comentáronnos que rematada a negociación dos cadrantes, intentarían negociar o acordo do SDCIF. Neste punto desde a CIG preguntamos que acordo?, xa que nistes intres non temos ningún acordo que non sexa o V convenio ou o que queda del; e para elo teñen que convocar a mesa de seguimento conformada polos asinantes do devandito convenio.