A Secretaría de Estado para as Administracións Públicas ditou o 24 de xaneiro de 2013 unha Resolución pola que no ano en curso se amplía nun o número de días de permiso para os empregados públicos no ámbito da Administración Xeral do Estado (AXE), en razón da coincidencia en sábado da festividade do 12 de outubro de 2013.

No ámbito da Xunta, o apartado 3 do artigo 76 da Lei da Función Pública de Galicia, modificado polo artigo 4.1. 2 da Lei 1/2012, de 29 de febreiro, prevé que o persoal da Xunta poderá dispoñer, como máximo, dos días de permiso establecidos pola lexislación básica estatal.

Dado que da citada Resolución da Secretaría de Estado para as Administracións Pública se desprende que non existe con carácter imperativo na lexislación básica do Estado unha limitación a tres como máximo no número de días de permiso, desde a CIG demandamos a adopción no ámbito da Xunta de Galicia a mesma medida compensatoria xa implantada no ámbito da Administración do Estado, ampliando o número total de días de permiso por asuntos persoais para o ano 2013.

Descargar o escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública