Novas por contido

O pasado 5 de febreiro mantívose unha nova xuntanza con Medio Rural para a negociación das quendas do dispositivo de prevención e extinción de incendios. Asistentiron á reunión  representantes da administración (Miguel A. Cela, Joaquin Macho , Asunción Labella) e pola parte sindical CCOO, CSIF, CIG e UXT.

Desde a CIG propuxemos, partindo como base dos cadrante das distintas provincias, un cadrante rotativo con libranzas semanais (dous días libres), fin de semáns alternos en baixo risco e un como mínimo en alto risco. Ademais, un máximo de 5 días consecutivos de traballo, 16 festivos anuais (dos cales a metade teñen que coincidir co propio festivo), 30 días de vacacións fóra de campaña e quendas rotativas semanais de mañáns, tarde e noite.

 

A maiores, desde a CIG, fixémoslles ver que nos teñen que incluír as compensacións por tempo de traballo en domingos e festivos. Neste punto a administración teima en dicir que non temos dereito. Preguntamos tamén polo significado das H e tras a  súa resposta non quedou nada aclarado. 

Como conclusión a administración propón 104 días libres máis 16 LF, mínimo 20 domingos e 22 días de vacacións. As quendas quedarían a dispor das xefaturas provinciais. As horas non son extras ata acadar as 1665 anuais e sobrepasen das 80. Aplicación en definitiva da lei de medidas na súa totalidade e baixo a súa interpretación (que non é a nosa)  e do Real decreto 20/2012 de medidas para a estabilidade económica. Para finalizar indícasenos que lle enviemos as propostas.

Entendemos que a postura da administración é utilizar a crise economica, unha vez máis, para eliminar os dereitos dos traballadores e poder así aumentar a carga de traballo para que suplan a carencia do servizo  provocada por non cubrir vacantes, baixas, vacacións, etc ...

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...