O luns 11 de febreiro de 2013 a Administración mantivo unha xuntanza coas organizacións sindicais para responder ás alegacións ás bases e ás prazas do concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais. A Administración informou das cuestións seguintes respecto das alegacións presentadas:

  • O tempo traballado en destino provisional terase en conta a para poder participar, sempre que se estea en destino definitivo
  • O tempo de permanencia no posto será tido en conta aínda que se promocionara por promoción interna, sempre que non se mudase de posto.
  • Cursos: os criterios quedan igual que estaba na proposta inicial da Administración, engadindo só a mención específica dos cursos de deseño de presentacións.
  • Na fase de resultas, aceptan a alegación da CIG de poder pedir en resultas diferentes niveis en difertentes localidades, até 3
  • No apartado de titulacións, a posesión de un grao universitario vaise puntuar sempre 0,80.
  • Desestímanse todas demais alegacións, tanto da Cig como do resto de sindicatos, quedando as bases practicamente como estaban no concurso anterior.
  • A Administración achegará o texto modificado das bases do concurso coa maior brevidade

 

Canto ás alegacións ás prazas ofertadas no concurso, a Administración informou do seguinte:

  • As propostas de amortización veñen dadas por instruccións da Dirección Xeral de Orzamentos, todas as que teñan a coletilla referida á amortización non van sair a concurso.
  • As propostas de amortizacións teñen que documentalas cada consellería: aínda que a CIG solicita que se achegue a xustificación documental de cada amortización, a Administración responde que son documentos de carácter interno.
  • Sobre os postos de Habilitacións e Escalas, a Administración indica que teñen as propostas das consellerías ao respecto, sendo dabondo con isto retiralas do concurso.
  • A Administración achegará a listaxe actualizada de prazas, na que haberá algunhas altas e baixas de postos ofertados .

 

En relación aos prazos:

  • Reunión o xoves vindeiro para falar da modificación do Art. 14 do Decreto 93/1991 de provisión de postos.
  • Mesa xeral co concurso xeral e modificación decreto provisión de postos o vindeiro luns 18/02/13.
  • A previsión da Administración é que se convoque o concurso nos últimos días de febreiro do 2013