• É a primeira vez que Feijoo fai uso das posibilidades que lle da a reforma laboral para forzar despedimentos obxectivos na Administración un dos primeiros ERES nas Administracións Públicas.
  • Acóllese á insuficiencia orzamentaria sobrevida como causa obxectiva dos despedimentos.
  • Se aplica o ERE dentro dun proceso de modificación da RPT da Consellaría de Traballo onde xunto aos despedimentos existen posíbeis vicios de nepotismo coa creación, por exemplo, dunha praza ‘ad hoc’ para unha curmá de Feijoo.

A Xunta, despois das declaracións de Feijoo de que non ía haber despedimentos na Administración Pública, ven de informarnos dun ERE que prepara a Consellaría de Traballo e Benestar e no que alega insuficiencia orzamentaria como causa económica de despido colectivo, acolléndose ao RD 1483/2012, que regula os despedimentos colectivos.

 

Isto ocorre despois de que Feijoo declarase en varias ocasións:

1. Que non ía haber despedimentos na Xunta.

2. Que non se ía aplicar o RD 1483/2012 que regula os despedimentos colectivos na Xunta.

3. Que o recorte salarial do 2013 era a única opción para evitar despedimentos e había que elixir, o que desmostra que non só minte, senón que opta polas dúas vías

E é tamén lamentable que na memoria que nos presenta a Consellaría de Traballo e Benestar se dean por aprobados un Orzamentos que inda están en trámite parlamentario. A separación de poderes non está clara na mente de Feijoo, e da por suposto que o proxecto de Orzamentos son os Orzamentos reais aprobados no Parlamento.

Pero incluso no proxecto de lei de Orzamentos ao que se alude é a amortización de prazas vacantes sen ocupación e o que van amortizar son prazas vacantes ocupadas por persoal, o que supón despedimentos.

Xunto cos despedimentos, e no mesmo proceso, Feijoo blinda e favorece unha vez máis á súa familia. Neste caso, o nepotismo chega ata aos extremos vergoñentos e indecentes de xuntar nun mesmo proceso o botar á rúa a traballadores co de crear unha praza ‘ad hoc’ para unha curmá de Feijoo en Ourense. Educadora no centro de menores de Montealegre foi nomeada dixitalmente para ocupar a xefatura da Casa da Xuventude da cidade ourensá e, agora que se aproxima o concurso de traslados e vendo que previsibelmente non vai obter o posto por méritos, créanlle unha praza de educadora na propia Casa da Xuventude para que poida continuar nese centro.

Ademais do anterior o PP segue a gastar cartos públicos para crear postos políticos intermedios. Este é o caso dos chamados postos de “coordinación de centros” onde se gastarán case 60.000 euros anuais en cada un deles soamente para interpoñer a un novo comisario político na Administración.

Tamén se amortizan prazas de formadores mentres se lle están a dar a empresas privadas como FESAN a formación para o recoñecemento da experiencia profesional e que logo mediante un contrato tamén os barema por concesión da Consellaría de Traballo.

Dende a CIG-Autonómica consideramos gravísimo este ERE que xera despedimentos, igual que grave á faltar á palabra dada, e consideramos unha mofa que no mesmo proceso onde se despiden empregados públicos se favorezan empresas privadas e familiares do presidente.

Descarga a proposta que os responsábeis políticos da Consellaría de Traballo enviaron aos sindicatos.