O recorte das retribucións dos empregados e empregadas públicas, á eliminación do complemento específico nas pagas extras, xustificouno en que dese xeito non eliminarían postos de traballo. Debía ter os dedos cruzados como un neno canto tal cousa afirmaba.

Aproveitándose da contra-reforma laboral aprobada vía Real decreto lei polo PP, vai eliminar 251 postos de traballo do sector público: funcionarios/as interinos/as, laborais indefinidos e laborais temporais que van incrementar a taxa do desemprego.

Este ERE ven a continuar coas políticas de privatización dos servizos, precarización das condicións de traballo e da prestación ao administrado, como se constata na progresiva amortización dos postos do serivizo público de emprego:

  • Nas residencias  de discapacitados e de  maiores o goteo na supresión de postos é unha constante incesante.
  • Entre xuño e decembro de 2012 eliminaron 223 postos das oficinas de emprego.

Porque non podemos consentir que as políticas deste goberno, que recibiu a confianza dunha importante parte da sociedade galega hai poucos meses, sexan as de terra queimada co empobrecemento brutal da clase traballadora e o desmantelamento dos servizos públicos para entregarllos ao sector privado e así garantir o beneficio a unha clase privilexiada, non ao despedimento dos nosos compañeiros/as de traballo; non á precarización dos servizos públicos;  Non ás mentiras do governo.

Feijóo demisión !!