Despois de levar case 1 ano parado, tras diversas demandas de retomar a negociación, con recollida de sinaturas incluída, o director xeral da Función Pública vén de remitir un borrador de resolución de permisos, vacacións e licenzas. Incialmente a proposta inicial viña con rango normativo de "decreto" e se ben harmonizaba o gozo de permisos, vacacións e licenzas nos diversos departamentos, resultaba bastante limitadora.

Trala publicación dunha resolución equivalente da Secretaría de Estado para as Administracións Públicas, a CIG solicitou adaptar as ditas melloras na Xunta de Galiza. Pois ben, de onte para hoxe, remiten un borrador de instrucións que vai ir a Mesa Xeral do luns, 18 de febreiro, xunto co concurso de traslados dos corpos xerais e a modificación do Decreto de provisión.

Non sabemos se tratan de tapar o tema dos despedimentos ou ben dar un cambio de imaxe de "castigadores" a "negociadores" tralo evidente desgaste político do partido no Goberno. O caso é que as demandas deron o seu froito e que pelexando, consiguense melloras.

Como cousas positivas convén destacar a maioría de aspectos recollidos nas instrucións da SEAP, algunha das casles vese mesmo mellorada: suspensión das vacacións por IT,  6 días de vacacións para coller independentes, 24 e 31 de decembro, compensación de festivos que caian en sábado...  Porén, non recollen o horario de verán, o día de permiso por exames oficiais, obriga de gozar a metade das vacacións  nons meses e verán e non aceptan boa parte das nosas alegacións ao decreto primixenio.

Descargar o borrador