O Comité de Empresa da Conselleria de Traballo e Benestar en Lugo realizou o pasado mércores de cinza un referéndum entre os traballadores/as que teñen quendas en domingos e festivos. Son oito os centros que non pechan nunca, atendidos por 400 traballadores/as. Sobor do 70% dos cadros de persoal teñen quendas de domingo e festivos.

O referendo foi seguido maioritariamente incluida a xente que non estaba a traballar entre as 14:30 e 15:30 horas que foi realizado en tódolos centros ao mesmo tempo. A porcentaxe de participación supera o 66% e os resultados ante as preguntas foron:

 

  • DESCANSO EN TEMPO: 83,90%
  • COMPENSACION ECONOMICA: 16,01%

Tendo en conta as garantes da celebración do referendo mediante a unanimidade dos compoñentes do Comité de Empresa,  a participación acadada  e as porcentaxes obtidas polo descanso en tempo, entendemos como perfectamente definida a postura do persoal afectado:  seguimos a querer as compensacións de domingos e festivos en tempo, tal e conforme establece o convenio unico.