Novas por contido

O martes 20 febreiro 2013 tivemos unha reunión co vicesecretario de medio rural, para seguir ca hipócrita negociación sobre os calendarios anuais do SPDCIF. Falamos de hipocrisía, porque en ningún momento houbo negociación, soamente un intento de engano ós sindicatos por parte da Xunta do PP para que avalaran uns calendarios que vulneraban os dereitos dos traballadores do SPDCIF.

Resumo da xuntanza

  • A CIG solicita a contratación de forma inmediata do persoal fixo descontinuo. A Xunta dí que comezarán a traballar o día 1 de marzo polo que estudiaremos unha posíbel demanda por incumprimento do Convenio. 
  • Aceptan cumprir cos 30 días laborábeis que establece o Convenio (se o 50% das vacacións se collen en Alto Risco quedaría 15 días laborais para disfrutar en baixo risco).
  • Utilizan as “H” como un banco de horas anticipadas que compensaría horas extra. Esto xa é unha barbaridade pero aínda o utilizan máis no seu beneficio xa que tamén usarían esas supostas horas extras para romper o exceso de xornadas sen descanso na carteleira.
  • Aceptan cumprir o Convenio no caso dos días libres festivos (LF).
  • A Xunta entende de xeito incorrecto o concepto de horas extras xa que soamente as contemplan cando superan as 1665 horas cando no caso do SPDCIF é habitual superar a xornada diaria. O que agrava máis, se cabe, o tema das “H” nas carteleiras.
  • Non contemplan compensación por domingos e festivos.

 


Non vai a haber máis negociación. A Consellería utilizou, de forma torticera, esta negociación como táctica para atrasar as denuncias.

Todo isto vai encamiñado a privatización do Servizo. Aproveitando a crise diminúen os nosos dereitos laborais, conseguidos tras moitos anos de loita, para que sexan apetecibles as empresas privadas dos seus amigos. E aproveitando a LOFAXGA (non asinada pola CIG) poder cedernos a unha Axencia (ou empresa pública ou calquer outro ente).

Resultounos curioso ver a aqueles que criticaron a CIG e se dedicaron a criticar a firma do Convenio, agora se basean nel para pedir que se cumpran os dereitos dos traballadores. Benvidos! Menos mal que o asinamos, non? Xa que agora só nos queda un camiño: denunciar a Xunta polo incumprimento do Acordo sobre as condicións especiais de traballo do SPDCIF, e polo tanto, do V Convenio Colectivo e protestar e pelexar ata conseguilo.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...