O 31 de outubro de 2012 as OOSS fomos convocadas a unha primeira xuntanza para a modificación da RPT da consellaría do Medio Rural e do Mar. Nesta xuntanza, dende a CIG manifestamos as nosas queixas pola maraña incompleta de documentación que nos achegou a consellaría e, sobor de todo, pola falla dunhas táboas de equivalencias de funcionarios e laborais en condicións para poder ser analizadas.

En resposta a esta queixa, a consellaría comprometeuse a enviarnos as ditas táboas de equivalencia para a vindeira xuntanza, á cal fomos convocados para o 21 de decembro, xuntanza que finalmente a consellaría suspendeu coa excusa de agardar a ver como quedaba a súa estrutura logo dos posibles cambios que se poideran producir tras as eleccións autonómicas.

Chegados a este punto, agora convócasenos para unha nova xuntanza para o vindeiro 27 de febreiro. Podédenos achegar as vosas consideracións ao correo autonomica@cigadmon.gal.

Descargar a documentación.