Seguen denunciando despidos e amortizacións inxustificadas de prazas ocupadas por persoal da Xunta de Galiza

UGT, CCOO, CSI.F y CIG veñen de darlle plantón novamente a Consellería de Traballo e Benestar, por mor da proposta e RPT na que se inclúen despidos e amortizacións de prazas ocupadas por persoal da Xunta de Galicia.

Asi mesmo veñen de solicitar unha xuntanza urxente co Vicepresidente da Xunta de Galicia, para que interveña e dea explicacións sobre este novo incumprimento do Goberno Autonómico.

Estas medidas estan encamiñados a evitar que se materialice a aplicación do "ERE encuberto" na Consellería de Traballo e Benestar, que supón o despido de 19 traballadores laborais indefinidos e amortización de outras 28 prazas que na actualidade están ocupadas.

As catro organizacións sindicais, consideran que o Goberno da Xunta segue mentíndolle aos empregados públicos e ao resto da cidadanía, pois afirmou que non habería despidos na Administración Autonómica, e coa proposta da Consellería de Traballo establecese un precedente que de non frealo a tempo, suporá o camiño aberto para outras consellerías fagan o mesmo.

Tamén denunciamos que o procedemento seguido polo departamento que dirixe a Sra. Mato incumple a normativa laboral vixente, pois aplican un ERE encuberto para xustificar e abaratar os custes destes despedimentos.

Consideramos que a mais de ser un desproposito legal a proposta de RPT da Consellería de Traballo e Benestar, tamén constitue un fraude electoral facer o contrario do que se dixo durante a campaña, pois afirmaron que non habería despidos de empregados públicos, nin privatización dos servizos públicos cando agora materializan a amortización de 251 postos, suprimen do concurso de traslados do persoal funcionario mais de 500 postos e teñen previsto adelgazar a Función Pública Galega a largo do ano 2013 en mais de 1500 postos, tal como recolle o proxecto de orzamentos para o ano 2013.

Desde CIG, CCOO, UGT e CSIF agardamos que retiren a proposta, que unha vez mais pretendían darlle trámite hoxe ou en todo caso que fagan outra que cumpla coa legalidade e que non supoña a amortización de ningún posto ocupado ou que obedeza a funcións estructurais e propias da Xunta de Galicia.