A CIG-Autonómica vén de presentar un completo documento de alegacións ao novo rascunho que elaborou Función Pública con respecto á aplicación directa da política de persoal nos diferentes departamentos da Xunta da Galiza.

Aínda que está previsto inicialmente para o persoal funcionario, en todo o que mellore o V Convenio da Xunta do persoal laboral será de aplicación a este colectivo, unha vez que se negocie na comisión paritaria, tal e como establece o artigo 21º desta norma. Imaxinamos tamén que por extensión acabará de ter efectos en toda a Admistración Galega. Cando menos é unha norma importante que debería de ser unha referencia para todos os empregados e empregadas públicas desta administración.

A intención de Función Pública é que canto antes estea en vigor, para que sexan de aplicación xa este ano. Agardamos que, unha vez presentadas estas alegacións se chegue a un acordo e se publiquen no DOG en breve.

As cuestións máis sinalables que aínda non están pechadas son unhas cantas, pero podemos destacar a ausencia dun permiso para a formación, a non contemplación dunha comisión de control, que se elimine a interpretación restritiva con respecto aos días hábiles, localidade de residencia e día do exame entre outros, así como certas cuestión con respecto á conciliación familiar que non recolle en completo o borrador actual.

Agardamos que as instrucións que se publiquen finalmente recollan estas alegacións.