Novas por contido

O mércores 27 de febreiro tivemos unha xuntanza con responsábeis da consellaría de Medio Rural e do Mar para discutirmos a súa relación de postos de traballo completa. Despois de que os responsábeis da consellaría tivesen meses por diante para preparar a súa proposta, entregaron aos sindicatos a documentación con apenas tres días laborais de marxe (e iso contando os dous de aprazamento que nos concederon), todo un paquetón de máis de 420 páxinas que, evidentemente, resulta imposíbel de estudar a conciencia co tempo que nos deron.

Con este panorama foi imposíbel de recoller todas as alegacións que nos chegaron, estudalar a documentación en condicións, que sumado a que o luns mandaron unha nova documentación, e que hai infinidade de erros, a primeira demanda da CIG foi exixir unha nova documentación corrixida, un novo prazo de alegacións, e unha nova xuntanza. Afortunadamente a consellaría aceptou (xa veremos se esto indica unha auténtica vontade negociadora).

Inda así, so a CIG consumiu máis dunha hora na súa intervención, que a grandes liñas foi (insistir que non houbo tempo nin para falar nin para revisar nin para alegar a conciencia):

  • Exixir unha adaptación á realidade dos casos en que hai pluses por condución, pois non sabemos se hai xente que os cobra sen facer o traballo, e se hai traballadores que o fan sen cobrar.
  • Hai 76 sentenzas de indefinición, que implican a creación de 70 novos postos e a asignación dos outros 6 a postos vacantes:
    • Pedimos confirmación de que as 6 prazas son vacantes puras (confirmanos que así é),
    • Queremos as sentenzas,
    • Exiximos responsabilidades ás persoas que polos seus feitos foron a causa das demandas xudiciais, e
    • Exiximos medidas para que esto non ser volva repetir. Nomeadamente fixemos referencia á presenza de empresas como tragsa ou seaga e que nos importaba un pito se esto xa viña de gobernos anteriores (tentaron fuxir por aí).
  • LDs:
    • Informa a consellaría que os xefes de distrito volverán a ser de concurso.
    • Criticamos que manteñan LD a postos como os directores dos centros de formación agraria (a xustificación que dan sería abonda para que todos os directores de todos os centros da consellería de educación fosen LD).
  • Criticamos a creación de postos altos, como a vicesecretaría xeral (se é consecuencia do decreto de estructura, eles teñen a chave para mudala), ao tempo que amortizan moitos outros postos.
  • Pedimos explicacións polos diferentes niveis que hai para postos con similar denominación, e subas de determinados específicos.
  • Queremos concreción nas “xornadas especiais”.
  • Criticamos que haxa postos de administración especial nos que non se especifica a especialidade, e advertimos de codificacións insuficientes en postos con requisito de doutorado.
  • Que se revisen os requisitos imprescíndíbeis e en todo caso que pasen a mérito.

 

E unha moi longa relación de anotacións, preguntas, erros detectados, pluses sen codificar, .. que vamos reorganizar e, xunto co que nos achegue o persoal, presentar por escrito de cara á seguinte xuntanza.

Se tes algo que aportar, estamos á túa disposición en autonomica@cigadmon.gal.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...