Novas por contido
  • Denuncian que a Xunta utiliza con afán racadatorio a desesperación da xente por atopar un traballo.
  • Os chamamanentos de persoal interino están prácticamente conxelados.

Na actualidade e con carácter xeral,  o acceso á condición de persoal interino o temporal na Xunta de Galicia continua regulado polo Decreto 37/2006 que viña de substituír á anterior regulación do ano 2003. Con el pretendíase, entre outras cousas, implantar un sistema de listas permanentes, de xeito que as persoas que se apuntaban nunha lista continuaban nela, sen necesidade de renovar a súa solicitude.

O transcurso do tempo demostrou que o funcionamento do Decreto presenta múltiples deficiencias tales como saturación de listas, empates masivos nas puntuacións por defectos no baremo ou penalizacións excesivas por non atender chamamentos.  Ao fin de mellorar estes aspectos as diferentes organizacións sindiccais levan anos solicitando a súa modificación e a resposta é a de sempre “estamos traballando niso”....

A maior abastamento e lonxe de mellorar a xestión da mesma, a situación nos últimos dous anos vense de AGRAVAR por mor da introdución nas últimas Leis de Orzamentos dunha restrición brutal nos chamamentos para a cobertura de prazas, restrición que de facto, ven de “conxelar” as listas, resultando que os movementos nelas son practicamente inexistentes, permanecendo os integrantes das mesmas, na maior parte dos casos no mesmo posto durante meses e incluso anos.

Por todo o dito consideramos que é de xustiza modificar con urxencia a antedita normativa e entendemos que é necesario arbitrar un sistema que permita a devolución das taxas aboadas a aquelas persoas que soliciten abandonar a listaxe ou listaxes á vista das nulas posibilidades ser chamados para a cobertura dun posto.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...