Traballadores e traballadoras destas oficinas fixeron sendas concentracións de protesta e posterior asembleas contra a supresión de postos de traballo e polo mantemento da Dependencia en Santiago e Ferrol.

A eliminación destas oficinas suporía o despedimento de 13 traballadores/as e a perda de axilidade, racionalidade e simplicidade na xestión das tramitacións de expedentes para a cidadanía. Penalizase as persoas de Santiago de Compostela e Ferrol, así coma das localidades próximas a estas comarcas que terán que acudir a Coruña para solicitar información ou facer as xestións necesarias do seu expediente. Rematase coa proximidade ao cidadán e dificultase o seu acceso a unha tramitación axil e eficiente.

En ambos casos, elimínase principalmente os postos de traballo relacionados coa parte técnica do procedemento de valoración de Dependencia.  Non se teñen en conta nin as competencias do órgano de valoración nin dos técnicos de valoración e o volume de poboación atendida. A provincia de A Coruña é a mais poboada de Galicia (1.147.124 hab. distribuída en 94 concellos), mentres a provincia de Pontevedra (963.511 hab. distribuida en 62 concellos) con menor poboación e menor número de Concellos non se plantea a supresión dun dos seus órganos nin do número de técnicos de valoración que hai no seu territorio. Sen embargo na provincia de Coruña desmantelanse as oficinas de Ferrol e Santiago de Compostela.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar vai a reunirse coa secretaria xeral da consellería para exporlle a necesidade da continuidade deste postos de traballo para manter operativa destas dúas Oficinas da Dependencia.

Situación da oficina da Dependencia en Compostela

A Consellería de Traballo e Benestar quere eliminar os 6 postos de traballo do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Santiago de Compostela. As oficinas ubicadas en Área Central en Fontiñas quedan desmanteladas coa supresión de 1 psicologo, 3 asistentes sociais e 2 auxiliares administrativos que levan dende o ano 2006 atendendo a máis de 20.000 persoas de Santiago de Compostela e comarca (Padrón, Melide, Ribeira, A Pobra,etc).

Situación da oficina da Dependencia en Ferrol

A proposta da consellería nesta caso é eliminar 6 postos de traballo do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Ferrol e 1 no Equipo de Valoración das Discapacidades, ca excusa da centralización en A Coruña. A Oficina presta atención a 240.786 potenciais usuarios/as ubicados en 31 concellos (das comarcas de Ferrol, Ortegal, Eume e Betanzos).  Vanse suprimir 4 postos de Asistentes Sociais, 1 fisioterapeuta e 1 médico.