Está a circular información sobre a posibilidade de que os días de vacacións por antigüidade non desaparecesen dado que o artigo 75.2 da LFPG, que recoñece este dereito, segue en vigor. Sobre este asunto hai moita confusión, polo que a CIG-Autonómica ten feita unha consulta á nosa asesoría xurídica.

Descoñecemos o criterio que seguiron as compañeiras e compañeiros de Saúde que lanzaron a seguinte información. Cómpre ter en conta que o persoal estatutario ten o seu propio Estatuto marco de 2003; no art. 53 faise unha referencia ás vacacións, pero non aos días adicionais de antigüidade, que viñan gozando por aplicación da Lei da Función Pública de Galiza.

As Administracións están a aplicar o documento ministerial cos criterios interpretativos do RD-L 20/2012 e polo tanto considera que non é necesaria a transposición lexislativa para eliminar eses días. De momento, e tal como se reflicte no Portax e confirman diferentes servizos de persoal, os días de vacacións para este ano son de 22 días hábiles independentemente da aniguidade. Se houbera calquera novidade, publicaríamos a información.
 
Descargar o documento do Ministerio de Facenda e AAPP cos criterios interpretativos do RD-L 20/2012 para todas as AAPP