Achéganos a Administración a versión definitiva do texto destas instrucións tal e como irá o martes, 12 de marzo, á Comisión de Persoal para a súa votación. Nesta nova versión aparecen os cambios destacados en vermello.

Aceptáronse algunhas alegacións que, nomeadamente, presentou a CIG e outras organizacións sindicais. Logo dunha primeira ollada moi rápida podemos destacar como aspectos positivos:

  • Se se traballa os días 24 e 31 de decembro habería dereito a dous días de asuntos particulares a maiores.

  • Por cada festivo en sábado tamén un día de asusntos particulares a maiores.

  • A modulación da localidade de referencia á hora de acollerse aos permisos por enfermidade grave, falecemento dun familiar, etc. (tomaríase a localidade de residencia).

Como aspectos negativos, vemos unha cerrazón cos seguintes aspectos, entre outros:

  • Dereito ao día de exame (un pouco suavizado cando o exame é noutra localidade).

  • A negación a recoñecer algúns dereitos de xeito incoherente (podese pedir o permiso de enfermidade grave para un convivinte dependente pero non o permiso para acompañalo ao médico, por exemplo).

  • A non contemplación da creación dunha comisión de control.

  • A non formalización do dereito á formación recoñecido polo EBEP.

Descargar documento