O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), ben de darlle a razón á CIG-Autonomica cando afirmaba o dereito recollido no V Convenio dos/as traballadores/as do SPDCIF de cobrar as horas nocturnas realizadas.

Que teñen que dicir agora CCOO e CSIF que non asinaron o V Convenio porque non se recollía, segundo eles, este dereito? Que teñen que dicir agora CCOO e CSIF que querían un plus xenérico de nocturnidade para estes traballadores/as onde perdían máis de 200 € ao mes? Que ten que dicir agora CCOO que se opoñía ao conflicto colectivo e pedía que se fixesen reclamacións individuais para única e exclusivamente facer caixa a conta dos/as traballadores/as de incendios?


Dende a CIG-Autonomica esperamos que a estas e outras preguntas contesten axiña, non a nós senon ao persoal do SPDCIF, estes grandes defensores do colectivo.

Descargar sentenza.

Podes ver varios documentos da CIG sobre SPDCIF-PLADIGA-SEAGA