12 dos ditos postos están ocupados

Pola contra, mentres se amortiza este persoal, a consellaría ten cartos para dotar un posto de vicesecretrario/a xeral, dous postos territorias de xefe/a de servizo e traer persoal doutras administracións. Descargar proposta

O pasado 8 de marzo, a Dirección Xeral de Función Pública remitiu pa ao Comité Intercentros a proposta de amortización de 30 prazas de persoal laboral da área de Cultura da Consellaría de Cultura e Educación. Esta proposta foi remitida para o seu informe, de acordo co artigo 4 do Convenio Colectivo. Descargar proposta

Nestes postos que pretenden eliminar vemos unha continuación no desvío da prestación dos servizos públicos a empresas privadas. Moitas das facturas que hai nos caixóns corresponden a gastos innecesarios, ben por superfluos, ben porque podían ter sido realizados con traballadoras e traballadores públicos. Agora volven a reducir persoal propio e volverán a xustificar novas facturas para atender a desatención á que quedara exposta a prestación dos servizos públicos por estes novos recortes.