A CIG-Autonómica vén de se dirixir á Dirección Xeral da Función Pública para solicitar aclaracións sobre algúns aspectos das Instrucións de permisos, vacacións e licenzas que foron aprobadas na Comisión de Persoal de 12 de marzo de 2013 ante posibles problemas interpretativos:

  • Aplicabilidade das Instrucións ao persoal funcionario da 17/1989 e ao persoal funcionario da Administración xeral que presta servizos en institucións sanitarias
  • Omisión dos menores en rexime de acollemento familiar simple de duración inferior a un ano para os efectos dos permisos para acompañalos ás revisións médicas, para o caso de permiso por enfermidade grave, falecemento, etc
  • En relación á concorrencia de beneficiarios do dereito á preferencia de eleccións de vacacións, clarexar a aplicación do criterio da antigüidade para ordenar o exercicio rotatorio da preferencia de acordo co principio constitucional de igualdade ante a Lei; así mesmo, clarexar á aplicabilidade ao persoal interino do criterio da antigüidade na Administración para estes efectos.