No DOG 20/03/2013 publícanse a Resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzasas instrucións que regulamenta; tamén na Voz do 21/03/2013. As ditas instrucións foran publicadas nun primeiro momento na páxina web de Función Pública ao día seguinte da súa aprobación na Comisión de Persoal; desde entón son aplicables.

A intención é que estas instrucións que supoñan melloras respecto ao convenio colectivo sexan aplicables tamén ao persoal laboral. Porén, o ámbito de “negociación” é diferente: para introducir estas melloras no convenio ten que darse un paso formal a maiores: a constitución dunha mesa negociadora; algo que xa está en marcha.