O Comité Intercentros mantivo o pasado martes unha xuntanza co subdirector de persoal da Consellaría de Traballo e Benestar para negociar un aprazamento, de alomenos quince días, na entrada en vigor das novas carteleiras previstas para o día 01/04/2013. A necesidade do adiamento é consecuencia de que os comités non ían contar co tempo material necesario para a presentación de alegacións as mesmas unha vez presentadas nos centros de traballo e así intentar paliar o máis posible algunhas carteleiras excesivamente agresivas cos traballadores/as. O subdirector manifestou que o falaría coas xefaturas territoriais pero que vía dificil un aprazamento xa que o mesmo colisionaba co deseño das vacacións.

O mércores, o mesmo subdirector de persoal de Traballo e Benestar confirmou telefónicamente que non haberá aprazamento. As carteleiras entrarán en vigor o primeiro de abril. Tamén manifestou que no suposto de que haxa unha carteleira que os comiteś entendan que pode ser mellorada, sempre cos criterios emanados da Secretaría Xeral, estaría en disposición de participar na súa discusión caso de non alcanzarse acordo nas xefaturas territoriais.