Novas por contido

Achéganos a Administración a relación de postos vacantes ofertadas no concurso de traslados para o persoal laboral da categoría II-007 que quedaron desertos na 1ª fase e na fase resultas. Os ditos postos seran ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da OEP 2005 e que aínda se atopa en destino provisional. Descargar

Por outra banda, xa están dispoñibles na páxina web de Función Pública das datas previstas para o acto de elección de destino de diversas categorías, á volta de Semana Santa:

  • 2 de abril: III-064, III-067, III-068
  • 3 de abril: IV-011, III-050, III-066
  • 4 de abril: III-065

Outras novas recentes

Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...