Novas por contido

Na base III.5.2 da convocatoria sinálase a puntuación que corresponderá a cada nivel de titulación académica oficial para os efectos da valoración de méritos no concurso de traslados e aparecen dúas posibles puntuacións para a titulación de grao universitario (0,60 e 0,80 puntos).

Resulta a todas luces evidente que as bases do concurso de traslado non poden establecer unha puntuación diferenciada para un mesmo título académico e sen que conste ningún criterio obxectivo para tal fin, xa que se de facerse así produciríanse unha discriminación non xustificada en prexuízo de aqueles participantes no concurso que gozan dunha titulación de grao.

Cómpre destacar que a titulación de grao universitario constitúe un único nivel académico oficial, ao abeiro do artigo 3 e do Capítulo III do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro (BOE 30/10/2007), polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, existindo unha única titulación (título de Graduado ou Graduada) acompañada da denominación específica do estudo oficial universitario correspondente do Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

O propio artigo 76 da Lei 7/2007 do 12 de abril (BOE 13/04/2007), pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público recoñece implicitamente a unicidade da titulación de grao universitario, ao dispor que esta será a titulación esixida para o acceso tanto ao actual subgrupo A2 como ao subgrupo A1.

Xa que logo, a CIG-Autonómica presentou en tempo o pertinente recurso de reposición solictando que se modifique a redacción da base III.5.2 da orde de convocatoria do concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais, no sentido de lle outorgar ao grao universitario unha puntuación única.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...