Novas por contido

Son varios os concursos de traslados que se atopan convocados en diferentes etapas (persoal laboral, corpos especiais e corpos xerais) e outros nos que se albisca a súa inminente convocatoria (informática).

Persoal laboral grupos I ao IV

As persoas adxudicatarias dos postos ofertados, agás imprevistos, tomarán posesión na semana do 8 ao 12 de abril. Como viñamos anunciando, esta toma de posesión será conxunta coa das persoas que tomaron destino definitivo dos últimos procesos selectivos. Exceptúanse os postos de coidador auxiliar (IV-004) e oficial 2ª de cociña (IV-005) nos que se adiará a toma de posesión para o mes de xuño. En relación con esto último, a data prevista para o acto de elección definitivo de destino para os postos da OPE 2006 de coidador auxiliar (IV-004) tanto pola quenda de acceso libre e promoción interna é o día 11/04/2013 e para oficial 2ª de cociña (IV-005) tanto pola quenda acceso libre e promoción interna é o día 12/04/2013.

A practica totalidade dos postos destas dúas categorías están  adscritos a centros públicos de ensino de educación primaria e secundaria xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A dita consellería solicitou que a toma de posesión dos novos destinos tivese lugar unha vez rematado o curso escolar, coa finalidade de evitar alteracións que repercutirían negativamente en colectivos especialmente sensibles ao cambio como son os nenos e nenas con necesidades educativas ou alimentarias especiais.

Desde a CIG-Autonómica, cremos que detrás desta escusa, atópase a intención de aforrar os 3 meses de salario do verán do persoal temporal que entraría a cubrir en abril as vacantes que queden tralas tomas de posesión; se o persoal laboral fixo toma posesión en xuño, non habería que contratar temporais ata setembro.

Corpos especiais

Toma de posesión prevista para setembro.

Corpos xerais

Previsión de publicar as puntuacións provisinais no mes de xullo. Existe un elevado número de solicitudes (3.000).

Escalas de informática

Publicación da convocatoria no mes de abril

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...