O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar da Coruña vén de comunicar á autoriade laboral o acordo de convocatoria de tres xornadas de folga os vindeiros domingos: 14, 21 e 28 de abril.

Os obxectivos da FOLGA son concretamente que a consellería de Traballo e Benestar estableza unhas quendas de traballo para o 2013 xustas e equilibradas que respeten os dereitos do persoal laboral e que teñan en conta as compensacións por traballo en domingos e festivos e o descanso por solapamento de xornada.

A esta situación chégase despois de diversos contactos coas persoas responsabeis políticas sen que estas mostrasen nen un ápice de vontade en chegar a un acordo para evitar a actual precarización laboral do persoal dos centros da consellaría. Ademais desto, o comité leva feito diversos actos de protestas así como asembleas coas traballadoras e traballadores, despois dos que se chegou á conclusión de que a folga é a única saída que lles deixa a consellaría na defensa dos seus dereitos.

NON A 7 DIAS DE TRABALLO CONTINUADO, NON AO TRABALLO EN 2 DOMINGOS SEGUIDOS.
POLO RESPETO DOS DEREITOS DO PERSOAL LABORAL
POLA CONCILIACIÓN DE VIDA LABORAL E FAMILIAR
POLA SAÚDE E A SEGURIDADE LABORAL CONTRA AS XORNADAS ABUSIVAS E ESTRESANTES