Desde a CIG, lembrámosvos que hai que acompañar as reclamacións previas para as reclamacións de domingos e festivos de 2012 coa seguinte documentación:

- Certificado de empresa coas baixas e vacacións do ano 2012. Para isto cómpre solicitar na túa unidade administrativa, nun impreso modelo “solicita” unha certificación de empresa coas baixas e vacacións que tiveches durante o 2012.

- Vida laboral. Nas oficinas da Tesourería da Seguridade Social hai un ordenador, no que un empregado che vota unha man, e que si metes os teus datos pòdes imprimila no momento. Preguntamos na Tesourería outras formas e as únicas posibles son:

-- Pedir a a vida laboral por internet en “ http://www.seg-social.es ” e chégache por correo postal a casa en 6 ou 7 días.
-- Pedir a vida laboral a través do teléfono 901502050, de luns a venres de 9 a 19h.
A vida laboral non se pode solicitar en persoa: só sería admitida en casos moi urxentes e autorizado previamente polo director/a da oficina.

- Dúas nóminas, as dúas dos meses despois de setembro.

- Cuadrante do 2012 asinada e selada. Ímola solicitar nós, pero se a tedes podedes presentala.

- Fotocopia do DNI.

A LEI 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza suspende a compensación por DOMINGOS e FESTIVOS recollida no V convenio colectivo.

A dita suspensión empezou a aplicarse a partir do día 16 de abril de 2012, polo que todas aquelas persoas que queiran reclamar a compensación de domingos e festivos teñen tempo ata o día 15 de abril de 2013.

Desde a CIG-Autonómica queremos animarvos a que presentedes as Reclamacións previas.