Antes do verán estará en marcha o programa CRONOS nos edificios administrativos de Vigo e Pontevedra, comezando polo primeiro.

No mes de abril, a Secretaría Territorial de Vigo vai enviar a Compostela a relación de persoas que prestan servizos no edificio administrativo, quenes á súa vez terán que solicitar a tarxeta e enviar unha foto dixital. O obxectivo é que antes do verán se aplique o novo sistema de control horario, que en principio vai ser de 7:50 a 15:05 como horarios límite para entrar e sair. Respecto a Pontevedra carecemos de mellor información, pois a actitude dos máximos responsábeis do edificio administrativo é moito máis escura que en Vigo.

Como curiosidades:

  • Nada temos que dicir respecto da obriga en cumprir un horario polo que nos pagan. Pero si temos o dereito de criticar que se nos exixa traballo cando a empresa nos reduce o salario e outros dereitos.
  • Exiximos que se aplique o mesmo control horario a todos e todas. É dicir, que o persoal de Libre Designación, por moito que nos conten películas de que traballan tardes, teñen a obriga de cumprir tamén o horario. Agardamos que sexan os primeiros en dar exemplo.
  • Criticamos que nesta situación de crise e de recortes, para nosoutros e para os cidadáns, gasten o diñeiro en facer tarxetas con chip e mercar novos teclados para todo o persoal.
  • Fainos gracia que nos tenten convecer que esto é unha medida de conciliación laboral-familiar. Non, é, sen outras palabras, un novo sistema de control horario.