Os días 29 e 30 de abril e 2 e 3 de maio de 2013, a Consellaría de Medio Rural ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 2e de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006 do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos/as aspirantes e será a seguinte en cada provincia:

 

Data

Letra apelido

29 de abril de 2013

A-B-C

30 de abril de 2013

D-E-F-G-H-I

2 de maio de 2013

J-K-L-M-N-Ñ-O-P

3 de maio de 2013

Q-R- S-T-V-W-X-Y-Z

 

O día e lugar das probas poderanse consultar a partires do venres 12 de abril na web da Consellaría do Medio Rural e do Mar, http://medioruralemar.xunta.es. Os/as aspirantes realizarán a proba na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os/as que teñan o seu domicilio fora de Galiza poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

Os/as aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado terá unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.