O luns 8 de abril de 2013 desenvolveuse unha xuntanza para tratar a modificación da RPT da EGAP. A Administración informou das seguintes novidades:

-Modifícanse os Negociados, que pasan a ser numerados con números romanos e perden os seus nomes.
-Ábrense postos (3) á Adm. Local, por ex. Área económico administrativa – aberta a adm. local
-Colócase a Habilitación da EBAP como de concurso específico
-Engádese como mérito para algún posto o diploma de directivo
-Suprímense tres postos e créanse outros tres con outros nomes e mesmas características. 

A CIG e outras organización non están de acordo coa apertura de postos á Admón. local sen que haxa reciprocidade, para o que se segue o criterio peregrino de que a EGAP oferta cursos para a Admón. local. A CIG engadiu que na escola xa se supera o 5% de postos abertos.
-Pediuse que se retirase o do concurso específico.

A CIG manifestou que o que se estaba producindo era unha mostra máis, nestes tempos de austeridade, do barroquismo burocrático que impera na administración autonómica galega. Estamos ante unha Administración sen criterio, que non fixo ningún análise real dos postos, e que na que se amortizan postos simplemente por ficaren sen cubrir en concurso.