No DOG do 12/04/2011 publicanse o que a Consellería de Traballo e Benestar chama "Servizos Mínimos" cara á folga dos domingos 14, 21 e 28.  O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña escolleu o domingo como símbolo dos abusivos turnos impostos ao persoal laboral dos centros. As persoas responsabeis deste departamento pretenden obrigar ao persoal a traballar dous fins de semana sí, un non, sete días consecutivos ou tres noites seguidas, quendas con rotacións non equilibradas nas que uns teñen moita carga de traballo e outros pouca. Entendemos o pouco que lle importan as carteleiras a estas persoas reponsabeis da consellaría xa que fan unha cómoda xornada de oficina de luns a venres, que mesmo lle resulta máis cómoda aínda porque non soen ni cumprir o seu horario.

O Comité de Empresa escolleu o domingo como símbolo do abuso ao que someten aos persoal laboral da consellaría porque non pode ser que un domingo conte igual que un luns ou un martes e porque non pode ser que o persoal traballe tantos domingos e sábados seguidos.

A consellaría na súa actitude "dictatorial" non aceptou nengunha das propostas do Comité de Folga. As únicas modificacións realizadas foron correxir un erro que tivo a Directora da Residencia Volta do Castro que, como copiou os "Servizos Mínimos" da Folga do 14 de novembro que era no medio da semana, puxera que os domingos tiña que ir o médico. E tamén tiveron que correxir cando lles pedimos explicacións sobre o horario dunha Coordinadora de ATS de Oleiros con xornada á carta de 11 a 18. Como cantaba moito, puxeron xornada partida.

A consellaría a impoñer e as traballadoras e traballadores a deixar claro que non nos someten.